Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Pleno municipal aprobou esta tarde os Orzamentos do Concello de Lugo para 2013


# Xoves, 27/12/2012
Os Presupostos ascenden a 94,6 millóns de euros, un 3% máis que en 2012, e teñen un marcado carácter social

A Corporación municipal tamén acordou reclamar da Xunta a prometica implantación dos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA

O Pleno municipal aprobou hoxe os Presupostos do Concello de Lugo para 2013 que ascenden a 94,6 millóns de euros, un 3% máis que este ano. Os Orzamentos recibiron o voto favorable do PSOE e o BNG, mentres que o Partido Popular votou en contra.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, destacou o carácter social destes Orzamentos, xa que por primeira vez o gasto en servizos sociais supera os 7 millóns de euros e salientou que se duplica o importe das axudas a alugueiro de vivenda e medra un 37% a partida adicada a emerxencia social. Ademáis, os fondos adicados a emprego aumentan un 4,7%. As partidas adicadas ás festas de San Froilán e Arde Lucus quedan conxeladas e descende un 3% o gasto en órganos de goberno e administración xeral.

Méndez tamén destacou que permanecen conxelados os impostos e taxas municipais e que os gastos financieiros baixan un 19%.
 
O Pleno municipal tamén aprobou, co apoio do PSOE e o BNG e o voto en contra do PP, unha moción do Grupo socialista que insta á Xunta a implantar no HULA os servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear. A iniciativa foi defendida por Ana González Abelleira que lle reclamou á Xunta que acabe coa discriminación que sufren os doentes de Lugo, xa que esta é a única provincia galega que carece destes importantes servizos. O Pleno rexeitou unha moción alternativa presentada polo PP que só considerou prioritaria a creación do servizo de Hemodinámica.
 
No nome da Corporación, o Alcalde desexou a pronta recuperación do Concelleiro do PP Arcadio Silvosa e que se poida incorporar axiña ós seus labores no Concello. Asimesmo, o Pleno transmitiu o pésame á familia do ex-Concelleiro Manuel González Granxeiro, recentemente falecido.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova