Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os nenos e nenas que participaron nos cursos de inglés organizados polo Concello nos telecentros rurais recibiron hoxe os seus diplomas


# Xoves, 27/12/2012


O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, entregaron esta tarde os diplomas ós nenos e nenas que asistiron os cursos "Aprende e disfruta co inglés" impartidos nos telecentros da zona rural.

Medio cento de nenos e nenas residentes na zona rural do concello tiveron a oportunidade de aprender inglés grazas a esta iniciativa que organizou a Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa.

Esta actividade dirixiouse a rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos e nela aproveitáronse os recursos informáticos cos que están dotados os telecentros rurais para facilitar a aprendizaxe de inglés a través de xogos e outras actividades lúdicas.

Logo da entrega dos diplomas, que tivo lugar no Centro cívico Uxío Novoneyra, os rapaces tiveron a oportunidade de disfrutar dunha festa infantil.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova