O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, entregaron esta tarde os diplomas ós nenos e nenas que asistiron os cursos "Aprende e disfruta co inglés" impartidos nos telecentros da zona rural.
Medio cento de nenos e nenas residentes na zona rural do concello tiveron a oportunidade de aprender inglés grazas a esta iniciativa que organizou a Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa.
Esta actividade dirixiouse a rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos e nela aproveitáronse os recursos informáticos cos que están dotados os telecentros rurais para facilitar a aprendizaxe de inglés a través de xogos e outras actividades lúdicas.
Logo da entrega dos diplomas, que tivo lugar no Centro cívico Uxío Novoneyra, os rapaces tiveron a oportunidade de disfrutar dunha festa infantil.