Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A arte recrea a voracidade dos mercados económicos, representados por pirañas, nunha obra que se pode ver no MIHL


# Venres, 28/12/2012
O artista Jesús Otero participa con “Caos, mercado e voracidade”, unha instalación chea de simbolismos, na exposición de arte contemporánea galega “A obra elixida”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura destaca o importante número de visitas que está a recibir o Museo Interactivo da Historia de Lugo desque abriu hai un mes


A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre; a comisaria da exposición "A obra elixida", Mónica Alonso, e o artista Jesús Otero presentaron hoxe a obra "Caos, mercado e voracidade", unha instalación artística que se pode visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo e que simboliza os difíciles tempos que estamos a vivir por mor da economía neoliberal.

“Caos, mercado e voracidade” é unha obra en continua evolución, segundo destacaron tanto o artista como a comisaria da exposición, na que teñen un protagonismo especial varias pirañas que representan o neoliberalismo económico que tanto dano lle está a causar ó pobo.

No inicio había só un acuario. Co paso do tempo, o acuario foise enchendo de pequenas pirañas que medran cada día que pasa, grazas á carne de año da que se alimentan e que representa ó pobo. No seu hábitat hai tamén outros elementos simbólicos como dúas limusinas, moedas, unha botella de licor ou un cocho flotante. Ó carón do acuario situase unha mesa do sacrificio na que repousan pedazos de carne de año que lle serven de alimento ás pirañas.

A comisaria da mostra destacou que esta é unha obra viva, que evoluciona co paso do tempo e non desaparecerá cando remate a exposición instalada no MIHL. A súa continuidade constituirá unha nova fase na evolución desta instalación artística, xa que a peceira na que viven as pirañas experimentará outra transformación, cando acabe a exposición, e terá unha nova situación, na Unidade de Humanización do HULA.

Pola súa parte, a Concelleira de Cultura amosou a súa satisfacción pola grande repercusión que están a ter entre a cidadanía tanto o Museo Interactivo da Historia de Lugo, desque abriu as súas portas, o pasado 29 de novembro, como a primeira exposición temporal que acolle este centro museístico, que consta de16 obras de outros tantos artistas galegos dos últimos 30 anos, que escolleron cada un deles as súas obras preferidas para amosalas nesta exposición.

Basadre indicou que onte pola tarde, por exemplo, pasaron polo novo museo 220 persoas. O número de visitas a diario supera as 70 e nas fines de semana o número de visitantes oscila entre 200 e 300. Tamén destacou a importante participación que están a ter os talleres de arte para nenos, maiores de catro anos, que se imparten no MIHL.

A mostra “A obra elixida” é a primeira exposición temporal que acolle o Museo Interactivo da Historia de Lugo e nela participan creadores como Jorge Barbi, Manuel Vilariño, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Xoán Anleo, Pamen Pereira, Jesús Otero, Antonio Murado, Salvador Cidrás, Carmen Nogueira, Vicente Branco, Rubén Santiago, Félix Fernández, Amaya González Reyes, Mar Vicente ou Rita Rodriguez. Moitos deles teñen a cidade de Lugo como nexo de unión xa sexa por nacemento ou por formar parte das súas vidas.

Con esta proposta pretendeuse dar protagonismo ás obras que teñen algún significado especial para os artistas xa que eran eles os que debían escoller a obra coa que querían ser representados nunha exposición que permanecerá aberta ata o 15 de febreiro de 2013 e que se pode visitar en horario de 17.00 a 21.00 horas de martes a domingo.

Ademais, están programadas actividades educativas e visitas guiadas e pódense concertar citas para visitala exposición polas mañá chamando ós teléfonos 652 471 213 e 626 240 910.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo ocupa unha parcela de 11.300 metros cadrados, entre a zona verde e o emblemático edificio que foi proxectado polo prestixioso estudo de arquitectos Nieto-Sobejano. Está situado na Avenida Infanta Elena, Duquesa de Lugo, e levantouse no que era unha zona degradada en terreos que ocupou no seu día o antigo matadoiro de Frigsa.

Tanto o Museo como a exposición permanecerán pechados os días 1,5 e 6 de xaneiro.

Máis información sobre a mostra "A obra elixida".


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova