Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada a 18ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31


# Venres, 28/12/2012
Díaz Grandío anima ós veciños a participar nesta popular carreira para despedir o ano facendo deporte

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Xerente do Club Fluvial, José Penelo, e polo Presidente do Club Media Maratón, Manuel Castiñeira, presentou hoxe a 18ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31.

Díaz Grandío animou a todos os lucenses a participar nesta última competición deportiva do ano. “Que mellor maneira de acabar o ano podemos ter que participando nunha carreira pedestre popular como esta”, sinalou o Concelleiro que animou ós lucenses a desfrutar do deporte e agradeceu o esforzo que fai o Club Fluvial na organización da San Silvestre de Lugo, que este ano chega a súa maioría de idade.

José Penelo manifestou que a organización agarda que este ano a participación sexa semellante á de anos anteriores, cando rondou as 600 persoas.

A Carreira comezará ás 16.15 hora con saída e chegada na zona do Paseo fluvial próximo ó Pazo de Feiras, no caso das carreiras infantís e con saída no mesmo lugar e chegada no Club Fluvial, no caso dos adultos.

Para os nenos haberá catro categorías por idades: mini que terá unha lonxitude de 0,5 quilómetros, A cunha lonxitude de 1 km, B que será de 2 km e C e D que será de 3 km.

Os adultos correrán unha distancia de 6,5 quilómetros e haberá cinco categorías, segundo as idades.

A organización entregará trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova