Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Seis dos participantes no programa europeo Lugoqualitas 2 cofinanciado polo Concello de Lugo conseguiron contratos laborais ao rematar as prácticas


# Xoves, 03/01/2013
Esther Muñóz informou que “o Concello vai apoiar sempre este tipo de programas porque abren portas ao mercado laboral tanto español como europeo”

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, recibiu aos mozos e mozas que completaron a súa formación realizando prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, a través do programa Lugoqualitas 2 organizado polo Concello de Lugo e a Unión Europea.

Esther Muñóz fixo entrega dos diplomas e manifestou a súa alegría polas 6 persoas que conseguiron contratos laborais despois de rematar as prácticas e de varios que están pendentes de novidades laborais “xa que demostra que os mozos e mozas de Lugo están ben preparados”. Neste sentido, 3 dos alumnos lograron un contrato laboral en Hamburgo nas especialidades de Enxeñería e Turismo, 2 alumnos en Belfast na especialidade de Enxeñería, e un terceiro en Florencia no campo das instalacións de enerxías renovables.

Esther Muñóz manifestou a súa alegría por estes novos contratos laborais e resaltou a importancia de manter este tipo de bolsas xa que axudan a abrir novos horizontes, coñecer outro mundo empresarial e máis “sabendo que os participantes aproveitan ben esta posibilidade de mellorar a súa formación e acadan contratos laborais”.

Os mozos seleccionados para tomar parte no programa Lugoquálitas 2 de formación europea para a cualificación dos mozos lucenses, que organizan o Concello e a Unión Europea, dentro do programa Leonardo da Vinci, marcharon a mediados de setembro e voltaron a finais de decembro. Durante estes tres meses, estes mozos lucenses tiveron a oportunidade de mellorar a súa formación tanto na aprendizaxe dunha nova lingua como coa realización das prácticas, ademais de coñecer unha nova cultura e vivir unha enriquecedora experiencia desde o punto de vista persoal.

As estadías neses países duran 12 semanas, as 3 primeiras adicaranas a facer un curso intensivo da lingua do país de destino no que perfeccionarán o idioma e aprenderán vocabulario específico para o mellor aproveitamento das prácticas e as 9 semanas restantes estarán adicadas á realización de prácticas en empresas dos sectores correspondentes ós estudos que cursaron, o que lles permitirá coñecer o unha empresa europea do seu sector e tamén comprender o funcionamento dun novo mercado de traballo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova