Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta volve aplicar un recorte nas axudas para o mantemento das escolas infantís municipais


# Venres, 04/01/2013
A Concelleira de Educación denunciou que este ano concederon a mesma cantidade para catro escolas que o ano pasado para dúas e que no chegan aos 15.000 euros para cada unha

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, denunciou un novo recorte da Xunta de Galicia en materia de axudas para o mantemento das escolas infantís. Desta maneira, o ente autonómico, comunicou que a axuda aprobada era de 59.988 euros para o mantemento das catro escolas municipais.

Esther Muñóz mostrou a súa incredulidade ao comprobar que “dannos a mesma axuda cando solicitamos por dúas escolas que cando o facemos por catro” matizando que “estamos preocupados porque a Xunta volveu recortar en algo fundamental como é a educación”. Así, lembrou que dende o ano 2010 as axudas para este servizo “tan necesario en Lugo e do que eles se desentenden totalmente, a pesares de ter as competencias, foron diminuíndo drasticamente pasando de ter 32.000 euros para cada escola a ter 15.000 euros en 2 anos”.

A Concelleira de Educación sinalou que o Concello realiza un esforzo enorme para facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral apostando por crear servizos que a Xunta non fai, “así está que temos 240 prazas de gardería que mantén o Concello dos seu propio orzamento e que nos custan máis dun millón de euros.”

Neste sentido tamén fixo fincapé en que “estamos faltos de axuda da Xunta e,outra vez máis, o Concello vai ter que facer un esforzo enorme para manter as catros escolas municipais porque pensamos que cumpren unha importante función social, conciliar a vida familiar e laboral dos nosos veciños e veciñas”.

Escolas Infantís Municipais

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova