Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo xoves 10 remata o prazo para que as asociacións poidan solicitar a cesión de uso de locais municipais


# Martes, 08/01/2013
 

O próximo xoves 10 de xaneiro remata o prazo para todas aquelas asociacións, fundación ou entidades de iniciativa social, que queiran solicitar un local municipal para poder desenvolver a súa actividade no edificio sito na Rúa Monte Faro, 2.

As entidades solicitantes deberán presentar, xunto coa documentación esixida nas bases un programa de actividades de acordo co establecido no anexo III. O período de cesión será dun ano e poderá prorrogarse ata un máximo de tres. O réxime de uso dos locais poderá en ser utilizado en uso exclusivo ou ben compartido.

Como xa se anunciou, son un total de 10 locais susceptibles de ser utilizados polas distintas asociacións para o desenvolvemento da súa actividade social. Entre os requisitos esixidos están o de carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas, levar desenvolvendo programas ou actividades de carácter social dentro do termo municipal de Lugo durante dous anos, entre outros.

O Concello de Lugo presta apoio e colaboración a asociacións e entidades privadas sen ánimo de lucro que actúan no noso municipio e que desenvolven programas e actividades de iniciativa social. Unha das maiores dificultades coas que se atopan as asociacións é a necesidade de dispor dun local para o desenvolvemento da súa actividade social, na maioría dos supostos as asociacións teñen dificultades para adquirir un local en propiedade ou en alugamento. Para dar resposta a estas necesidades o Concello abriu unha convocatoria para ceder o uso dos locais do edificio de propiedade municipal sito na Rúa Monte Faro, nº 2.

Pode atopar toda a información na Sede Electrónica (Tramita na túa casa)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova