Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Convocada a novena edición do Concurso de Ferretes de Entroido 2013


# Martes, 08/01/2013


A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración coa asociación Pepe Barreiro, convoca o 9º Premio de Ferretes do Entroido 2013, con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña o día 13 de febreiro de 2013.

O ferrete é unha forma de chamar ironicamente ás coplas que se recitan diante do Concello, ao finalizar o enterro. Van representados en estrofas en verso e o contido das mesmas debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto e da elegancia e a corrección. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia, poñendo o máximo acento no escarnio.

Estas pequenas coplas satíricas poderán presentarse a concurso en galego cun estribillo composto por unha estrofa de catro versos heptasílabos e os propios ferretes de entre catro e seis. Os participantes deberán presentar o seu texto, baixo pseudónimo, antes do 31 de xaneiro, nun sobre dirixido á asociación Pepe Barreiro no Servizo de Cultura do Concello de Lugo.

Nesta ocasión, e segundo a tradición, repartiranse un total de 500 euros en premios. Corresponderán 150 ao mellor estribillo, 100 ao primeiro premio en ferretes, 50 ao segundo, 30 ao terceiro e ademais repartiranse 17 de 10 euros cada un.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova