Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezaron as obras arqueolóxicas para a construción dun túnel entre a Praza de Abastos e Parking de Santo Domingo


# Luns, 14/01/2013
O Alcalde explicou que con esta cata arqueolóxica poderase determinar que restos hai na zona e como se poden conservar

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Esta actuación está financiada a cargo do Plan Urban e con ela preténdese dar saída a unha demanda de comerciantes e usuarios da Praza

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o de Urbanismo, Luis Álvarez, ademais de técnicos municipais visitaron o comezo das escavacións arqueolóxicas para estudar a viabilidade da unión da Praza de Abastos co Parking de Santo Domingo a través dun túnel.

López Orozco salientou que “con esta obra vaise determinar que restos arqueolóxicos hai na zona e ver se poden ser visibles coa creación dun corredor que comunique ambos puntos” xa que “está detectado a presenza nesta zona dunha calzada romana”. Desta maneira, faise real unha demanda tanto dos traballadores como dos usuarios da Praza de Abastos de unir ambas infraestruturas baixo terra.

Por outro lado Enrique González, técnico municipal de arqueoloxía, explicou que “temos evidencia dunha calzada romana pero non prevemos atopar nada máis importante aínda que en arqueoloxía todo é imprevisible” e matizou que “se trata de valorar con estas sondaxes previas cal pode ser a entidade deses restos e o grado de conservación dos mesmos.” Ademais, nesta zona coinciden varias instalacións que dependen de empresas de subministros que deberán terse en conta á hora da creación do túnel.

A posta en marcha deste proxecto ten dous obxectivos, por unha parte facilitar, mediante un pasadizo, unha zona de estacionamento ós clientes dos postos da Praza de Abastos e, en segundo lugar, seguir avanzando na conservación e posta en valor do importante patrimonio arqueolóxico de Lugo.

Así, o Concello pode retomar agora unha vella idea que contribuiría a dinamizar os negocios da Praza de Abastos porque nestes momentos se conta coas posibilidades tecnolóxicas e tamén cos fondos. De feito, o investimento necesario para contratar o proxecto arqueolóxico, que deberá ser aprobado pola Xunta de Galicia e polo Concello, tamén se fará con fondos do Plan Urban, que cofinancia a Unión Europea.

Esta obra está financiada con fondos do Plan Urban e foille encargado á empresa Resconsa, por un importe de 43.511 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.

Plan Urban e praza de Abastos
Esta actuación enmárcanse dentro dunha serie de melloras que se están realizando dende a oficina Urban en apoio a Praza e o Mercado de Abastos para mellor as infraestruturas e dinamizar o comercio local. Outras das accións levadas a cabo con Plan Urban foi a distribución de embalaxes de madeira para favorecer a venda de produtos autóctonos, a distribución de información dos lotes de produtos galegos que se poden mercar na Praza a máis de 300 entidades internacionais, a creación dun portal web e de comercio electrónico ou o estudo de novas vías de negocio dos comerciantes da Praza e do Mercado.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova