Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello disporá dunha base de datos sobre a documentación histórica do urbanismo de Lugo


# Martes, 15/01/2013
Esta ferramenta será empregada para dixitalizar o patrimonio histórico arqueolóxico da cidade, un traballo que realizan os alumnos dos obradoiros do proxecto Muralla Dixital

O Concello de Lugo vén de contratar a elaboración dunha base de datos para a xestión integral da documentación histórica sobre o urbanismo de Lugo que está a ser inventariada e dixitalizada no obradoiro de "Dixitalización do Patrimonio Documental lucense".

Este é un dos catro obradoiros de formación especializada na dixitalización do patrimonio histórico arqueolóxico da cidade, nas que se utilizan as novas tecnoloxías da información e da comunicación, que organiza o Concello dentro do proxecto europeo Muralla Dixital.

Os obradoiros comezaron o pasado mes de novembro e rematarán en marzo.

O proxecto Muralla Dixital forma parte da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 e conta cunha cofinanciación do 75% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Este proxecto está liderado polo Concello de Lugo e nel participan outros 6 socios de Galicia e o Norte de Portugal.

O traballo de elaboración da base de datos ten un presuposto de 1.996 euros e foille contratado á empresa 2XMIL Soluciones que dispón dun prazo de dúas semanas para entregalo.

www.muralladigital.eu

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova