Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe impartirase a comerciantes da Praza unha charla sobre calidade alimentaria


# Xoves, 17/01/2013
A iniciativa, organizada polo Plan Urban, forma parte das actuacións que desenvolve o Concello para axudar ó pequeno comercio e dinamizar a Praza

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, levará a cabo hoxe unha nova iniciativa de apoio ó pequeno comercio enmarcada dentro do Plan Urban.

Unha das liñas de actuación en apoio do pequeno comercio que desenvolve o Plan Urban consiste no estudo de novas vías de negocio para os titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado municipal que venden produto fresco galego.

Dentro desta iniciativa, esta tarde un grupo destes comerciantes participarán nunha charla sobre calidade alimentaria na que recibirán información sobre temas como selos de calidade, produtos ecolóxicos ou novos aproveitamentos da súa materia prima.

A charla terá lugar ás sete da tarde no Centro cívico Uxío Novoneyra, será impartida por persoal da empresa especializada nestes temas Sopegalia e contará coa asistencia da Concelleira de Economía, Sonia Méndez.

O Concello tamén está a levar a cabo, grazas ó Plan Urban, outras importantes actuacións para a dinamización da Praza e o Mercado municipal como o estudo da conexión mediante un túnel da Praza de Abastos co parking de Santo Domingo, a posta en marcha dun portal web e de comercio electrónico, que está en fase de adxudicación; a distribución de embalaxes para favorecer a venda de produtos autóctonos e a elaboración dun folleto con lotes de produtos galegos que comercializan doce postos e que se distribuíu electronicamente a case 300 entidades para promover as vendas no Nadal.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova