Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

"Lugo más de 2.000 años de vida" é a campaña de promoción turística do Concello de Lugo en FITUR


# Xoves, 17/01/2013
Máis de 7.000 folletos promocionais e material audiovisual será o material que se repartirá na feira de turismo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo aumentou lixeiramente o número de turistas no ano 2012 cun total de 37.484 persoas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá que o Concello de Lugo estará presente na 33ª edición de Fitur e que este ano se celebra entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro en Madrid.

O Concello de Lugo estará presente no stand de Turgalicia, onde se sitúa a participación xunto a outros co-expositores galegos, situado no Pavillón 9 Stand 9C07. A presencia será permanente ao longo da feira e o día central será o 1 de febreiro de 2013 ás 12:30 horas cando está programada a gran cita de Lugo en Fitur. Na sala de actos do stand galego, o Concello de Lugo presentará a campaña de promoción turística “Lugo, más de 2.000 años de vida”.

Carmen Basadre destacou que “queremos aproveitar Fitur, ademais este ano é gratis, para ter a oportunidade de darnos a coñecer e presentar as novidades que temos, a nosa riqueza patrimonial e o ben que se come”. A Concelleira explicou que a campaña publicitaria se vai centrar en cinco puntos centrais: o extraordinario legado romano (Muralla, Ponte, Piscina Romana, Acueduto…) e o novo Museo Interactivo da Historia de Lugo; o casco antigo da cidade único no mundo e a renovación da Catedral; o patrimonio medioambiental coa declaración da zona como Reserva da Biosfera “Terras do Miño”; a boa gastronomía e a boa calidade dos produtos autóctonos; e as festas máis populares, o San Froilán, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, e o Arde Lucus, que por primeira vez se promove en FITUR e que se pretende sexa declarada Festa de Interese Nacional ao ser unha das actividades máis espectaculares e animadas de España.

A responsable de Turismo manifestou que “durante todos os días haberá proxección de imaxes tanto das festas como dos atractivos de Lugo e repartiranse máis de 7.000 folletos promocionais xa que queremos que a xente nos veña visitar”. Ademais neste evento, o Concello de Lugo e o Grupo Alsa asinarán un convenio, que tivo unha gran acollida durante o ano pasado, para a promoción do Arde Lucus por todo España.


Balance visitantes Lugo
A Concelleira de Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén deu a coñecer o balance de visitantes rexistrados na Oficina Municipal de Turismo durante o 2012 e “a pesar de ser unha época difícil economicamente podemos asegurar que o número de visitantes a nosa cidade aumentou lixeiramente con respecto ao ano anterior o que significa que estamos nunha bo camiño”.

En todo o ano 2012 preto de 37.500 persoas visitaron a cidade de Lugo e todos os atractivos turísticos que ofrece, deles, a maioría, 31.559, procedían de diversos puntos de España, destacando Madrid e Cataluña. No caso dos visitantes estranxeiros tamén aumentou o seu número en máis de 600 persoas con respecto ao ano pasado, acadando unha cifra que se aproxima aos 6.000 turistas. Os países que máis representación turística tiveron foi Francia, con máis de 1.000 persoas, Alemaña con 587 persoas e Estados Unidos con 400 visitantes. Cabe sinalar que no 2012 foron 45 os turistas xaponeses que percorreron as rúas de Lugo.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova