Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello habilita unha nova parada do bus e modifica outras dúas para mellorar as comunicacións do barrio da Ponte


# Venres, 18/01/2013
Manuel Chaín anuncia que ata que acabe a rehabilitación da Ponte romana a liña 2 fará catro paradas diarias na Estrada Vella de Santiago á altura da rúa Brétema

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, anunciou hoxe novidades no transporte público para mellorar o servizo de autobuses urbanos na zona da Ponte que se van poñer en marcha esta fin de semana.

Chaín anunciou que dende mañá e mentres duren as obras de rehabilitación da Ponte romana vaise habilitar unha parada provisional do bus urbano na Estrada Vella de Santiago números 34 e 36, á altura da rúa Brétema.

Nesa parada recollerá e deixará viaxeiros catro veces ó día a liña 2 que cubre o traxecto Cemiterio-Albeiros. Os horarios das paradas serán ás 8, ás 12, ás 16 e ás 19 horas.

Ademais da creación desta parada provisional, Chaín anunciou que se efectuarán outros cambios na situación de dúas paradas co obxectivo de facilitar as manobras dos autobuses que cobren o servizo ó Cemiterio, as liñas 2, 7A e 5E, de tal xeito que, no lugar de utilizar a Rúa Rego da Laxe como itinerario alternativo circularán pola Estrada de Portomarín, tanto á ida como á volta.

Concretamente vaise modificar a situación das dúas paradas existentes á altura da fonte da Estrada Vella, números 169 e 162. Estas paradas vanse desprazar uns 25 metros máis arriba. A que vén cara o centro quedará sobre a Estrada de Portomarín, diante do restaurante Aniceto e a de ida cara o Cemiterio pasará a estar situada diante do número 170 da Estrada Vella de Santiago.

Busque a súa parada en www.lugo.es/ws/transportes

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova