Imprimir

O ARTISTA PÉREZ PORTO VISITA A SÚA OBRA DA MURALLA NO CONCELLO


18/1/2013

O artista Franciso Xosé Pérez Porto aproveitou hoxe unha visita a Lugo para coñecer o lugar onde está instalada a súa obra da Muralla romana, que está situada no vestíbulo da Casa do Concello.

O escultor achegouse á Casa do Concello a última hora da mañá para ver a súa obra, que lle foi amosada por técnicos municipais e tivo ocasión de departir informalmente uns minutos co Alcalde, José López Orozco, e co Concelleiro Antón Bao, cos que coincidiu durante a súa visita.