Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz presentou unha Guía práctica de busca de emprego para facilitar a entrada no mercado laboral


# Luns, 21/01/2013



Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, explicou que existía a necesidade de facer algo así xa que cada vez son máis as persoas que se achegan a pedir información e asesoramento ao Espazo<Lab


A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou esta mañá unha Guía práctica de busca de emprego orientada aos traballadores e traballadoras desempregados para a busca activa de emprego.

O documento, elaborado dende o Centro de Orientación do Espazo>Lab, pretende orientar ás persoas desempregadas para dirixir mellor os seus esforzos na busca activa de emprego, que xunto con outras fórmulas como a atención personalizada ou os talleres de formación específicos, poden mellorar as expectativas á hora de atopar traballo.

Esther Muñóz destacou que “cada vez hai máis demanda de asesoramento e información polo que decidimos crear esta guía con consello útiles en aspectos como dirixir a busca de emprego, como redactar o currículo, perder o medo ás probas de selección e afrontar entrevistas de traballo”. A responsable da área de Formación, tamén sinalou que nos últimos talleres de busca activa de emprego “foi tanta a demanda que tivemos que ampliar o taller a dúas semanas para dar collida a todos os interesados, atendendo en total a uns 300 desempregados”.

Desta guía editáronse 1.000 exemplares en galego e castelán que están dispoñibles nas oficinas do Espazo>Lab e nos sitios web www.lugo.es/espazolab e www.lugo.es/europedirect .


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova