Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un entroido que contará con preto de 20 actividades destinadas a todas as idades e repartirá 6.000 euros en premios


# Venres, 25/01/2013
O pregón correrá a cargo de Fernando Arribas Arias o venres ás 20.00 horas na Casa Consistorial

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este entroido 2013 e animou a todos os lucenses a participar nas mesmas.

As actividades, arredor de 20, darán comezo o día 8 de febreiro e non rematarán ata o día 13, co enterro da Sardiña e o Concurso de Ferretes.

Carmen Basadre que este ano se inclúe unha novidade que é o entroido escénico, que consiste na representación de pequenas obras de teatro nas que colaboran compañías de teatro e coros da cidade.

PROGRAMA ENTROIDO 2013

VENRES, 8 DE FEBREIRO

19.00 Horas.- No Centro de Convivencia Uxío Novoneyra haberá música para bailar amenizado pola Banda Municipal de Música.

20.00 Horas.- Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo de Fernando Arribas Arias, historiador. A continuación, polas rúas da cidade, actuación do grupo de percusión Axé e a charanga da Escola Municipal de Música de Lugo.

SÁBADO, 9 DE FEBREIRO

10.00 Horas.- Na Praza de Abastos Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada polo grupo de música tradicional Arrincadeira.

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Garrafón.com). Discorrerá por Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.30 horas do venres día 8. En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

INDIVIDUAL:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

20.00 Horas.- Polas rúas da cidade actuación da charanga Madia Leva.

DOMINGO, 10 DE FEBREIRO

16.30 Horas.- Actuación do grupo de música tradicional Sarabela Folk na Praza Maior.

18.00 Horas.- (Novidade) Entroido escénico con Nostrum Cai e Xeada na praza do Cantiño. (Son obras de teatro relacionadas co Entroido nas que participan corais de Lugo)

18.15 Horas.- (Novidade) Entroido escénico con Parápono na praza do Campo Castelo. (Son obras de teatro relacionadas co Entroido nas que participan corais de Lugo)

18.30 Horas.- (Novidade) Entroido escénico con Hipócrita e Xoldra na rúa San Marcos. (Son obras de teatro relacionadas co Entroido nas que participan corais de Lugo)

18.45 Horas.- (Novidade) Entroido escénico con Achádego na praza da Soidade. (Son obras de teatro relacionadas co Entroido nas que participan corais de Lugo)

19.00 Horas.- (Novidade) Entroido escénico con Nova Escena e Ecos do Miño na praza da Maior. (Son obras de teatro relacionadas co Entroido nas que participan corais de Lugo)

19.30 Horas.- Polas rúas da cidade actuación das charangas: O trompo das Nicras pola Ronda das Fontiñas e Augas Férreas e a charanga Os Amigos de Manolo polo recinto históricos.

LUNS, 11 DE FEBREIRO


13.00 horas.- Actuación do Orfeón Lucense na Praza Maior.

20.30 Horas.- Polas rúas da cidade actuación das charangas Viño Branco polos barrios da Residencia e Milagrosa e a charanga Terra Cha polo recinto histórico.


MARTES, 12 DE FEBREIRO

12.30 horas.- Actuación do grupo musical tradicional Airiños de Orbazai na praza Maior.

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a o grupo de percursión Axé). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello antes do luns día 11 de febreiro, ás 14.00 horas.

PREMIOS 

INDIVIDUAL:

1º premio: 400 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €
3 premios de 50 € 

PARELLAS:

1º premio: 500 €
2º premio: 400 €
3º premio: 300 €
5 premios de 100 € 

COMPARSAS:

1º premio: 1.000 €
2º premio: 800 €
3º premio: 600 €
7 premios de 200 €


20.00 Horas.- Polas rúas da cidade actuación da charanga Paradela polas rúas do Casco Histórico.

MÉRCORES, 13 DE FEBREIRO

20.00 Horas.-Enterro da Sardiña. Organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do Círculo das Artes co seguinte percorrido: Praza Maior, Rúa Conde Pallares, Rúa da Cruz, Praza do Campo, Rúa Nova, Praza da Soidade, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior (templete da música). E concurso de Ferretes. 

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova