Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adxudica o mantemento das zonas verdes da cidade


# Venres, 25/01/2013
O servizo inclúe a conservación de case 608.000 metros cadrados das zonas verdes, 91.000 máis que o anterior contrato

A Mesa de contratación do Concello acordou hoxe adxudicar á empresa Calfensa o servizo de mantemento das zonas verdes da cidade por un importe de 797.000 euros, incluído o IVE do 21%.

A adxudicataria asume o mantemento de 607.804 metros cadrados de zonas verdes, 91.000 metros cadrados máis dos que recollía o anterior contrato, que incluía a conservación de 516.587 metros cadrados. O novo contrato, que ten unha duración de dous anos prorrogables a outros dous, saíra a licitación por un importe máximo de 854.000 euros.

Entre as novas tarefas que asume a adxudicataria, que non incluía o servizo anteriormente, figuran o mantemento e conservación dos paseos peonís da zona de Acea de Olga, o mantemento e conservación tanto hidráulico como eléctrico dos circuítos pechados no Parque Rosalía, estanque, fonte xacobea, fonte pequena, mapa de España e monumento de Angel López Pérez; os transplantes, traslados e destoconados de ata 80 unidades arbóreas, o control da lexionela nos regos automatizados, aumentan de 6 a 16 veces ó ano os labores de mantemento e conservación do Paseo do Miño. Tamén aumenta do 10% ó 20% o custe das plantacións que asume o adxudicatario e o contrato inclúe ademais que a empresa pasa de asumir do 10% ó 45% o custe de danos por actos vandálicos que non cubra o seguro.

Por outra parte, a Mesa de Contratación tamén tratou sobre o contrato da Sala de Control de tráfico. Neste caso, a mellor oferta presentada, a da empresa Telvent, está incursa en baixa temeraria polo que deberá xustificar a oferta realizada.

Por último, a Mesa de contratación tamén abriu as ofertas técnicas presentadas para o programa de formación e deseño do Portal web para a Praza de Abastos e Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. Presentáronse 7 empresas, das que foi excluída unha por non cumprir todos os requisitos. As ofertas das seis empresas envíase a informe dos técnicos. O prezo de licitación deste contrato é de 77.172 euros, IVE incluído.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova