Imprimir

FRANCISCO FRAGA ASISTIU Ó ACTO ACADÉMICO DA USC QUE CONMEMOROU A FESTA DE SANTO TOMÁS DE AQUINO


28/1/2013

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, participou hoxe nos actos conmemorativos da festividade de Santo Tomás de Aquino organizados pola Universidade.

O acto central organizado pola USC tivo lugar esta mañá no campus de Lugo, na Facultade de Formación do Profesorado, e foi presidido polo Reitor, Juan Casares Long.

A festividade de Santo Tomás de Aquino conmemorouse cun acto académico no wur pronunciou un discurso o Reitor e o acto rematou coa interpretación do Gaudeamus Igitur polo Coro universitario.