Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Reúnese en Lugo a Comisión Executiva do Eixo Atlántico


# Luns, 28/01/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a xuntanza que celebrou en Lugo a Comisión Executiva do Eixo Atlántico, entidade na que están asociadas 34 cidades de Galicia e o Norte de Portugal.

En declaracións ós medios de comunicación, o Alcalde salientou a importancia da colaboración entre estes 17 concellos galegos e outros tantos do Norte de Portugal xa que, destacou “somos unha eurorexión formada por seis millóns de persoas e pensamos que a cooperación é algo que nos vai beneficiar a todos”.

Na reunión, celebrada esta mañá nas instalacións do CEI-Nodus, participaron tamén o Presidente do Eixo Atlántico e Alcalde de Viana de Castelo, José María Costa; o Secretario Xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mato, e representantes dos concellos de Monforte de Lemos, Ourense, Santiago de Compostela, Porto, Viana do Castelo, Macedo de Cavaleiros, Barcelos e Vila Nova de Gaia.

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico aprobou someter á Asemblea Xeral da Entidade, que se celebrará o próximo 8 de febreiro en A Coruña, un orzamento para este ano 2013 que ascende a algo máis dos 3,6 millóns de euros, cantidade algo inferior ao presuposto de 2011. A situación de crise xeneralizada aconsella a entidade ser consecuente coas medidas de austeridade e recorta o seu presuposto nun 25% con respecto o pasado ano. Desta cantidade, o 12%, proveñen das cotas que aportan os 34 concellos que a integran.

Preto do 90% son recursos externos

O groso do orzamento da entidade transfronteirizas xérase con recursos externos captados en fondos europeos, convenios con outras institucións e acordos con entidades privadas que supoñen o 88% dos orzamentos deste ano. Neste sentido, a Comisión Executiva coñecerá os novos proxectos europeos previstos para o exercicio, que se suman aos que se executan dende o pasado ano.

Entre as actuación principais previstas para o ano, destacan as liñas estratéxicas que promove a Comisión Europea no documento estratéxico “Europa 2020”, e que son determinantes para preparar cidades competitivas para a saída da crise:
1.- Desenvolvemento inclusivo
2.- Desenvolvemento Innovador
3.- Desenvolvemento sostible

O programa continúa a impulsar a cooperación transfronteiriza a través de actuacións en materia de Cultura (nova Bienal de Pintura del Eixo Atlántico), deportes (Xogos do Eixo), e turismo (Expocidades), áreas especialmente vocacionadas á participación social na construción da eurorrexión.

No ámbito da cooperación internacional, o Eixo Atlántico reforza a súa posición coma lobby en España e Portugal a través do impulso á Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, na que se integraron, recentemente, as entidades empresariais da fronteira hispano lusa e na que o secretario xeral do Eixo Atlántico, exerce tamén a secretaría xeral.

Como Lobby europeo, O Eixo Atlántico participa activamente na rede de cidades e territorios de fronteira da UE, CECICN na que, tamén exerce a secretaría xeral.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova