Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entra en vigor o Orzamento municipal para 2013


# Martes, 29/01/2013
O Boletín da provincia publica hoxe o Orzamento Xeral do Concello de Lugo

O Orzamento Xeral do Concello de Lugo vén de entrar en vigor unha vez publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia, tal como establece o artigo 169 do Real Decreto 2/2004 polo que se aprobou o texto refundido da Lei de Facendas Locais.

O Orzamento, que ascende a 94.673.797 euros, un 3% que o ano pasado, foi aprobado inicialmente o día 26 de decembro pasado e quedou aprobado definitivamente o día 23 de xaneiro xa que non se presentaron reclamacións durante o período de exposición pública.

Os Presupostos do Concello de Lugo danlle prioridade ó investimento social e ó fomento do emprego. De feito, o Concello adicará por primeira vez máis de 7 millóns de euros do gasto á políticas sociais. Nesta área o investimento será de 7.189.652 euros

A pesar da importante incidencia que ten nas arcas municipais a suba do IVE decidida polo Goberno, e de que o Concello mantén conxelados este ano os impostos, taxas e prezos públicos, non sofren ningunha merma nin as partidas sociais nin os capítulos de de investimento. En concreto, os capítulos 6 e 7 crecen un 4,2%, destacando o Plan Urban, con 4.984.000 euros de investimento.

Ademais, a débeda do Concello continúa na senda de redución e está previsto amortizar 5.739.000 euros mentres que está previsto contraer un novo crédito de só 1.416.000 euros. Así, os gastos financeiros experimentarán unha baixada do 19%.

Máis información Orzamento Xeral 2013.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova