Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe ábrese o prazo do concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIII


# Martes, 29/01/2013
Carmen Basadre anunciou que se redactará un convenio con Patrimonio para arranxar o Museo de San Roque

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou esta mañá das datas para as persoas que estean interesadas en participar no Concurso para o cartel Arde Lucus MMXXIII.

Por segundo ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espírito da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía. O prazo para poder presentar os traballos é entre hoxe martes 29 de xaneiro e o 28 de febreiro, como na edición anterior valorarase o predominio da cor vermella como simboloxía do lume e o fincapé na reconstrución histórica. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.

www.ardelucus.com


Museo San Roque
A Concelleira de Cultura tamén avanzou que o Concello de Lugo acordou coa Consellería de Cultura elaborar un convenio no que ambas institucións aporten o 50% do presuposto do proxecto de mellora do Museo de San Roque. Neste sentido, Carmen Basadre destacou que “Patrimonio quedou de enviarnos un borrador do convenio, xa que, unha das miñas prioridades é que o Museo de San Roque volva a funcionar canto antes”.

Rede de Museos Municipais.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova