Imprimir

CONSUMO - CAMPAÑA ENTROIDO 2013 - CONSELLOS E RECOMENDACIÓNS NOS PRODUTOS DO ENTROIDO


30/1/2013 A iniciativa deste ano,céntrase nos artigos destinados aos nenos, por ser o colectivo máis vulnerable, e no control e análise entre outros, de disfraces, máscaras, antefaces, perrucas e barbas.

Pode descargar os arquivos anexos, que detallan unha serie de consellos e recomendacións que deben terse en conta no tocante aos produtos de entroido. Ditos consellos forman parte da campaña específica que o Instituto Galego de Consumo pon en marcha este ano 2013 co fin de prever que os produtos que están á venda específicos de entroido non presentan riscos para o consumidor e usuario. 
 
Ao mesmo tempo infórmaselle que a través de dita campaña estanse intensificando as inspeccións nos establecementos para comprobar que os artigos que están á venda non presentan riscos e cumpren coa normativa, ademais de tomar mostras de produtos para a súa análise no Laboratorio de Consumo de Galicia.