Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo solicitou autorización a Patrimonio para arranxar partes do Cuartel de San Fernando ante o perigo que supoñen e o abandono da Xunta de Galicia


# Mércores, 30/01/2013


Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou a licenza de primeira utilización para o edificio do Pazo de Feiras e Exposicións


O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e que estaba composta por temas ordinarios de urbanismo pero dos que destacou a concesión da licenza de primeira utilización para o edificio do Pazo de Feiras e Exposicións.

Luis Álvarez sinalou que “esta licenza resolve definitivamente un problema enquistado dentro do funcionamento desta cidade e en todo o relativo a este edificio que foi autorizado inicialmente en 1996” ademais manifestou que “esta situación é consecuencia dun traballo silencioso e continuo entre a Fundación e o Concello”.

Coa presentación, por parte do Padroado da Fundación, da documentación necesaria e relativa á certificación do final das obras de adaptación e a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no que se recoñece as obras de urbanización do entorno, o Concello de Lugo pode recibir as obras e, polo tanto, aprobar a licenza de primeira utilización.

Outro dos acordos, segundo explicou o Concelleiro de Urbanismo, foi a aprobación dun réxime competencial da Xunta de Goberno Local e das delegacións de atribucións deste órgano, e coas que se mellora o funcionamento administrativo. Así, modifícase a competencia para delegar nos titulares das áreas de goberno a tramitación de expedientes de subvencións en réxime de concorrencia competitiva e de subvencións directas polo que se aforra en tempo e se axilizan os trámites.

Cuartel de San Fernando
O responsable de Urbanismo informou esta mañá de que o Concello remitiu onte á Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo a solicitude de autorización para levar a cabo actuacións inmediatas coa finalidade de garantir a seguridade dos viandantes no entorno do Cuartel de San Fernando.

As obras consisten na eliminación de todo o tellado da parte de atrás, que foron as antigas caballerizas, que non está catalogado e linda coa rúa Quiroga Ballesteros, e a eliminación de todos os elementos soltos que puideran estar presentes nese muro que vai quedar como peche de parcela mentres non se leven a cabo as obras de rehabilitación.

Luis Álvarez sinalou que “a situación con este edificio é digno dunha novela” e relatou un histórico no que o Concello adquire o edificio, pono a disposición da Xunta mediante cesión para que leve a cabo unha obra que nun primeiro momento era un auditorio pero que despois quedou nun museo de romanización. Despois a Concellería anuncia unha inversión millonaria, logo de convocar un concurso para a súa rehabilitación, pero comeza a deteriorarse “a pesares de que no convenio de cesión a Xunta asume a conservación do edificio, labor que non leva a cabo co conseguinte deterioro” e agora “unha vez que entre todos os cidadáns compramos o edificio e llo regalamos á Xunta temos que ser nós os que nos fagamos cargo do mantemento para manter a seguridade das persoas que transitan pola zona, isto é de película”.

Neste sentido, tamén “pido á Xunta que axilice as intervencións necesarias para adecentar e asegurar todas as partes dun edificio moi importante e que en canto poidan, o máis rápido posible, leven a cabo a súa rehabilitación total e a construción do Museo da Romanización” segundo declarou Álvarez.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova