Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga presentou a X edición do programa Almorzos Saudables que empeza o 5 de febreiro


# Xoves, 31/01/2013
Este ano participarán preto de 2.000 nenos e nenas de 23 colexios da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou a décima edición da campaña Almorzos Saudables, que este ano se achegará a 2.000 nenos e nenas lucenses de entre tres e oito anos de 23 centros escolares públicos, privados e concertados.

Francisco Fraga explicou que “con esta actividade informamos e axudamos aos nenos e nenas a entender a pirámide nutricional, os tipos de alimentos e as recomendación para facer comidas equilibradas xa que estamos vendo que nos últimos tempos aumentou o número de persoas obesas.”

Os obxectivos desta campaña, que dará comezo o vindeiro martes día 5 de febreiro, son, segundo sinalou a Concelleira de Servizos Xerais, conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, é dicir, cun produto lácteo, que será fresco do día e que aportará a Gandería Quintián, froita, iogures e zumes de Eroski Center, e cereais ou pan de Ingapan.

Fraga explicou que “podemos estar contentos xa que nas enquisas que se fixeron apreciouse unha redución notable do consumo de produtos con alto índice de contido graso.” Dende a Concellería de Servizos Xerais, destacouse que nestes anos puido verse unha evolución positiva nos hábitos alimentarios dos máis pequenos.

Calendario dos almorzos saudables:

- 5 de febreiro.- Colexio Virxen da Soidade de As Gándaras

- 6 e 7 de febreiro.- Colexio Maristas

- 8 de febreiro.- Colexio da Ponte

- 18 de febreiro.- Colexio de Casás

- 19 de febreiro.- Colexio Cervantes

- 20 de febreiro.- Colexio Divino Maestro

- 21 e 22 de febreiro.- Colexio Paradai

- 25, 26 e 27 de febreiro.- Colexio Quiroga Ballesteros

- 28 e 29 de febreiro.- Colexio Padres Franciscanos

- 4 e 5 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora

- 6 de marzo.- Colexio Milagrosa

-7 e 8 de marzo.- Colexio Rosalía de Castro

- 11 e 12 de marzo.- Colexio Menéndez Pelayo

- 13 e 14 de marzo.- Colexio María Auxiliadora

- 15 marzo. - Colexio Galén

- 18 de marzo.- Colexio Fingoi

- 20 e 21 de marzo.- Colexio Público Illa Verde

- 3 e 4 de abril.- Colexio Anexa

- 5 de abril.- Colexio de Albeiros

- 8 de abril.- Colexio infantil Fingoi

- 9 de abril. - Colexio Manuel Mallo

- 10 de abril. - Colexio As mercedes

- 11, 12 e 13 de abril.- Colexio Luis Pimentel

www.lugo.es/ws/almorzossaudables

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova