Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adxudica por procedemento aberto o 66,22% dos cartos que se investiron en contratos


# Venres, 01/02/2013


O Concello de Lugo empregou o procedemento aberto para a adxudicación do 66,22% dos cartos que adicou no ano 2012 á contratación de obras e servizos, segundo un informe do departamento de Contratación, que depende da Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos.

O Concello adxudicou o ano pasado 41 contratos por un importe total de 3.177.532,03 euros. Esta cifra representou o 3,46% do Orzamento municipal, que ascendeu a 91.915.290,33 euros.

A vía empregada para a adxudicación foi a do procedemento aberto en 19 contratos, que suman un presuposto total de 2.104.275,87 euros. Esta cantidade supón o 66,22% do total das contratacións feitas e o 2,29% do Orzamento xeral.

Os restantes 22 contratos adxudicáronse por procedemento negociado por un importe global de 1.073.256,16 euros, que representan o 33,78% do total e o 1,17% do Presuposto municipal.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova