Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un curso de mediadores dará comezo as actividades do programa municipal Vivir Xuntos, Convivir para resolver conflitos


# Luns, 04/02/2013
Institutos doutros concellos interesáronse nas actividades e no desenvolvemento do programa e participan nas accións de resolución de conflitos

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou a primeira actividade do programa municipal Vivir xuntos, convivir para este ano 2013 e que consiste nun curso para alumnas e alumnos que queren formarse como mediadores. Esta actividade impartirase o 19 de febreiro no Centro de Convivencia do Uxío Novoneyra e está orientado para os mozos e mozas que o ano pasado realizaron o curso de alumnos axudantes e que constitúen a Rede de Alumnos/as Solidarios. O ano pasado participaron alumnos dos IES Ánxel Fole, As Mercedes, Lucus Augusti, Muralla Romana, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Sanxillao e no Xoán Montes.

Esther Muñóz manifestou que “esta iniciativa pódese converter nun espazo de reflexión compartida sobre a convivencia, onde impulsar e dinamizar formas de participación coordinadas e programas integradores, como actuar na prevención de situacións que dificulten a convivencia e recoller boas prácticas sobre convivencia que se están levando a cabo en distintos centros e institucións.”

O Programa de Convivencia Municipal Vivir xuntos, convivir trata de fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa. Trátase dun proxecto que xa no 2010 tivo un recoñecemento internacional por parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras, como exemplo para poñer en marcha noutras cidades.

A Concelleira de Educación tamén manifestou o interese doutros concellos limítrofes para participar nas accións que se desenvolven dentro do programa de convivencia e a súa incorporación ás iniciativas de resolución pacífica de conflitos como son os IES de Palas de Rei, Monterroso e os centros de Primaria e ESO de Friol e Guntín.

Ademais, tamén se está a traballar para celebrar a IV Xuntanza de Alumnado Mediador, cos alumnos e alumnas de Lugo e provincia ademais de contar coa presencia de centros de A Coruña, Ourense e Pontevedra.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova