Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Ministro de Agricultura inauguraron esta tarde a nova sede do Cetal construída en terreos que cedeu o Concello no barrio de San Fiz


# Luns, 04/02/2013


Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañou hoxe ó Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete na inauguración do edificio do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, ubicado nunha parcela cedida polo Concello que está situada no barrio de San Fiz.

Logo de descubrir a placa conmemorativa, o Alcalde, o Ministro e a Conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, realizaron un percorrido polas instalacións do edificio que conta cunha superficie útil de arredor de 2.400 metros cadrados, distribuídos nunha zona para uso administrativo e outra que se proxecta adicar a plantas piloto e laboratorios.

As instalacións estruturaranse para permitir ó Cetal poñer en marcha liñas de traballo acordes co seu Plan de actuación 2013, deseñado co obxectivo de convertelo no centro agroalimentario de referencia en España.

Despois do acto inaugural celebrou a súa primeira xuntanza nas novas instalacións o Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario, na que se informou do traballo realizado para a integración do Centro Tecnolóxico Lácteo no Cetal. A fusión dos dous organismos suporá dotar a Galicia dun centro coa capacidade suficiente para dar resposta ás necesidades do sector lácteo.

Tamén se confirmou a colaboración do Cetal coa Interprofesional Láctea para a posta en marcha dun ambicioso proxecto de identificación de sistemas de autocontrol nos sectores de vacuno, ovino e caprino de leite.

O novo plan de actuación do Cetal para este ano tamén contempla outros proxectos como o dirixido a controlar a calidade do aceite de oliva virxe con técnicas alternativas e innovadoras.

Outra liña de traballo fai referencia á seguridade alimentaria, concretamente á creación dun laboratorio de diagnóstico dos principais patóxenos bacterianos de transmisión alimentaria.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova