Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco inicia a décima edición do programa Almorzos Saudables no colexio de As Gándaras


# Martes, 05/02/2013
Nestes dez anos de proxecto pasaron preto de 25.000 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos que coñeceron os beneficios de almorzar de maneira saudable

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, inauguraron a décima edición do programa de Almorzos Saudables no colexio público de As Gándaras. Esta actividades está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, para que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos.

López Orozco explicoulle aos nenos que “é moi importante almorzar ben e de maneira equilibrada xa que así conséguese un maior rendemento no colexio e tense máis enerxía para afrontar as actividades diarias.” Ademais recomendou que os nenos e nenas deben comer froita, lácteos e cereais para medrar con saúde e fortes.

Os obxectivos desta campaña é conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, cun produto lácteo, que será fresco do día e que aportará a Gandería Quintián, froita, iogures e zumes de Eroski Center, e cereais ou pan de Ingapan. Este ano tamén se inclúe o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores.

O programa Almorzos Saudables visitará os seguintes colexios ata o 13 de abril:

- 5 de febreiro.- Colexio Virxen da Soidade de As Gándaras
- 6 e 7 de febreiro.- Colexio Maristas
- 8 de febreiro.- Colexio da Ponte
- 18 de febreiro.- Colexio de Casás
- 19 de febreiro.- Colexio Cervantes
- 20 de febreiro.- Colexio Divino Maestro
- 21 e 22 de febreiro.- Colexio Paradai
- 25, 26 e 27 de febreiro.- Colexio Quiroga Ballesteros
- 28 e 29 de febreiro.- Colexio Padres Franciscanos
- 4 e 5 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 6 de marzo.- Colexio Milagrosa
-7 e 8 de marzo.- Colexio Rosalía de Castro
- 11 e 12 de marzo.- Colexio Menéndez Pelayo
- 13 e 14 de marzo.- Colexio María Auxiliadora
- 15 marzo. - Colexio Galén
- 18 de marzo.- Colexio Fingoi
- 20 e 21 de marzo.- Colexio Público Illa Verde
- 3 e 4 de abril.- Colexio Anexa
- 5 de abril.- Colexio de Albeiros
- 8 de abril.- Colexio infantil Fingoi
- 9 de abril. - Colexio Manuel Mallo
- 10 de abril. - Colexio As mercedes
- 11, 12 e 13 de abril.- Colexio Luis Pimentel

www.lugo.es/ws/almorzossaudables

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova