Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu a visita de estudantes de Suecia que están de intercambio en Lugo


# Martes, 05/02/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de 12 alumnos de Täby en Suecia que están coñecendo a cidade de Lugo da man do I.E.S Nosa Sra. dos Ollos Grandes. Estes alumnos convivirán 3 semanas coas familias dos estudantes da cidade co obxecto de reforzar a dimensión europea e promovendo a mobilidade. Durante este tempo, coñecerán a cidade de Lugo e os lugares máis destacados de Galicia, ademais de asistir as actividades escolares.

José López Orozco deulles a benvida e explicou que “formamos parte dunha Europa con distintas culturas e linguas pero con un corazón común que fai posible actividades como a que estades a facer”. O Alcalde tamén quixo agradecer o esforzo aos profesores que fan posible este cambio de experiencias entre alumnos lucenses e alumnos europeos e lembrou con eles as dúas viaxes que realizou a Suecia en diferentes épocas da súa vida.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova