Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan os traballos da Comisión da Ordenanza de ruídos


# Martes, 05/02/2013
O Alcalde presidiu esta mañá a primeira xuntanza que celebraron os Grupos políticos, técnicos do Concello, veciños, hostaleiros e Subdelegación do Goberno

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a reunión que celebrou a Comisión de seguimento da Ordenanza reguladora da contaminación acústica na que participaron representantes dos Grupos políticos, técnicos municipais e representantes das asociacións de veciños, do sector da hostalería e da Subdelegación do Goberno.

Segundo informou o Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, na reunión o Goberno local entregoulles ós membros da Comisión un borrador que se empregará de base para a elaboración da nova Ordenanza. Tamén se lles pediu que fagan chegar as súas achegas ó documento que se van debater nun novo encontro previsto para dentro de dúas semanas.

Álvarez explicou que o obxectivo é modificar a Ordenanza vixente para adecuala á nova realidade social.

O Voceiro do Goberno local indicou, tamén, que o borrador da Ordenanza opta por criterios máis obxectivos para medir o grao de concentración de establecementos hostaleiros nunha zona.

Luis Álvarez explicou que, entre os criterios para autorizar a instalación de novos establecementos, o borrador inclúe a distancia existente entre locais dun mesmo tipo e tamén se establecen limitacións tendo en conta a anchura das rúas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova