Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 11 e 12 de febreiro terá lugar o IX Clinic Internacional Lugo é Basket Hierros Ferreiro


# Mércores, 06/02/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Rubén Engroba, representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, presentaron a novena edición do Clinic Internacional Lugo é Basket Hierros Ferreiro que se vai celebrar os días 11 e 12 de febreiro no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Jose Manuel Díaz Grandío, manifestou que “dende o Concello apoiamos todas as iniciativas relativas á formación dos nosos deportistas e dos seus adestradores para que o seu traballo sexa de maior calidade tanto deportiva como educativa”.

Nesta ocasión participaran importantes relatores relacionados co baloncesto, Ricard Casas, adestrador da ACB, Gustavo Aranzana, adestrador ACB, e Antonio Pérez, adestrador LEB, que darán nocións sobre metodoloxía para a ensinanza de técnicas individuais e en grupo.

Para inscribirse, soamente haberá que facer o ingreso bancario e mandar os datos solicitados ao correo electrónico ajsc_lugoarrobahotmail.com , ademais haberá descontos importantes para grupos. A inscrición leva aparellada a convalidación de 8 horas federativas para adestradores.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova