Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz presentou a segunda edición dos cursos Primavera Segura


# Xoves, 07/02/2013
O prazo para inscribirse é dende o luns 11 ao 27 de febreiro no Parque Infantil de Tráfico do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz; o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, presentaron esta mañá a segunda edición do curso de educación vial Primavera Segura que se impartirá entre o 1 de abril e o 20 de maio no Parque Infantil de Tráfico.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos, previa inscrición no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) entre as 09:30 e as 14:00 horas. As instancias para facer a inscrición tamén poden obterse a través do sitio web do Concello de Lugo, www.lugo.es.

O prazo para facer as inscricións abrirase o día 11 e pecharase o 27 de febreiro. Os cursos serán en horario de 17:00 a 19:30 horas, e cada grupo asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente. A inscrición é gratuíta.

O día 11 de marzo sairá publicada a lista de admitidos e os horarios no Taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na web do Concello e na Xefatura de Tráfico.

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz salientou que estes cursos ten como obxectivo que “os nenos e nenas adquiran condutas seguras como peón e viaxeiros e hábitos positivos como usuario dos diferentes transportes xa que consideramos que é esencial que dende pequenos se coñeza as normas de seguridade viaria”.

A Concelleria tamén salientou o éxito que tiveron estes cursos, que organizou o ano pasado, por primeira vez, o Concello coa colaboración da Xefatura Provincial de Tráfico.

Pola súa parte, a Xefa Provincial de Tráfico sinalou que a educación dos nenos e as nenas é fundamental para traballar na seguridade vial e indicou que “a seguridade vial non só é a aprendizaxe de normas e sinais, senón tamén o respecto pola vida”.

Ó seu xuízo, programas como o que desenvolve o Concello de Lugo contribúen a que os pequenos cheguen a ser bos condutores o día de mañá.

O Director do Parque Infantil de Tráfico explicou que os cursos terán unha semana de duración e impartiranse de luns a venres, en horario de tarde. Tamén indicou que os asistentes xa recibiron a formación teórica no primeiro trimestre do curso escolar nos propios colexios.

Reigosa informou de que na primeira edición destes cursos, o ano pasado, deuse formación práctica a uns 90 nenos e nenas.

Ademais os participantes aprenderán a manexar e coñecer sinais de tráfico a través do manexo dos kart e das bicicletas.



Coñeza o Parque Infantil de Tráfico PIT

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova