Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou as actividades semestrais da área de Xuventude entre as que haberá un curso de animación con plastilina


# Venres, 08/02/2013
As inscricións poderanse facer na Casa da Xuventude dende hoxe e, en moitas das actividades, ata o 27 de febreiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou o programa de actividades para este primeiro semestre do ano da área de Xuventude. Así, na Casa da Xuventude, celebraranse obradoiros de coiro, de abalorios, de encadernación, de marquetería e de reciclaxe. Neste mesmo espazo tamén se ofrecen cursos de linguas como o alemán e inglés e de informática. A inscrición pódese facer na propia Casa da Xuventude ata o 27 de febreiro, as actividades terán lugar a partir das 18:00 horas e unha duración de 3 meses xa que comezan en marzo e rematan en maio.

Un ano máis, os mozos e mozas interesadas, poderán matricularse na iniciación á informática e a diferentes idiomas como o alemán, o árabe e o inglés que contarán cun número total de 40 horas e un prezo de entre 16,40 euros e 20,50 euros. Tamén haberá actividades para os máis activos e deportistas como o baile, aerobic latino, relaxación e cursos de coiro e de patronaxe e costura. En todos os casos son actividades con 15 horas e cun prezo de entre 6,15 euros e de 9,02 euros.

Como novidade, este primeiro trimestre, tamén se vai levar a cabo un curso de iniciación ao stop motion (animación con plastilina) impartido pola produtora creadora do filme O Apóstolo, Artefacto Producións, durante os días 23 e 24 de marzo e 6 e 7 de abril. O prezo será de 12,30 euros e o prazo para cubrir as 15 prazas é ata o 15 de marzo. Carmen Basadre sinalou que “co material que se cree realizarase un corto de animación”. Tamén se van levar a cabo obradoiros de guións de radio, teatro e televisións, sobre xornalismo e medios de comunicación, como adestrar a un can ou sobre o uso das novas tecnoloxías todos eles de carácter gratuíto.

Do mesmo xeito, tamén se impartirá un curso de monitor de tempo libre de 200 horas máis 150 de prácticas en servizos da Concellería de Xuventude, o prezo de matrícula é de 51,50 euros e, en ambos cursos, remata o prazo de inscrición o sábado 21 de febreiro.


Entroido

Carmen Basadre tamén lembrou que “hoxe comeza as actividades do Entroido coa lectura do pregón e que mañá ás 10:00 horas abrirá as súas portas a Feira de Produtos Típicos de Entroido no soto da Praza de Abastos” e invitou a todos os lucenses a achegarse a unha feira única e na que poderán mercar os produtos máis típicos nesta época do ano.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova