Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscrición para os cursos Primavera Segura do Parque Infantil de Tráfico


# Luns, 11/02/2013
As inscricións para a segunda edición destes cursos pódese facer dende hoxe ata o día 27 no PIT ou na Xefatura Provincial de Tráfico

Esta mañá abriuse o prazo de inscrición para participar na segunda edición do curso de educación vial Primavera Segura que se impartirá entre o 1 de abril e o 20 de maio no Parque Infantil de Tráfico do Concello.

Os cursos diríxense a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos, previa inscrición no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avda. Ramón Ferreiro) entre as 09:30 e as 14:00 horas. As instancias para facer a inscrición tamén poden obterse a través do sitio web do Concello de Lugo, www.lugo.es.

Os cursos serán en horario de 17:00 a 19:30 horas, e cada grupo asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente. A inscrición é gratuíta.

Tamén indicou que os asistentes xa recibiron a formación teórica no primeiro trimestre do curso escolar nos propios colexios.

Na primeira edición destes cursos, o ano pasado, deuse formación práctica a uns 90 nenos e nenas.

Os participantes, que xa recibiron formación teórica no primeiro trimestre do curso nos centros escolares, aprenderán no PIT a manexar e coñecer sinais de tráfico a través do manexo dos kart e das bicicletas.

Coñeza o Parque Infantil de Tráfico (PIT).

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova