Imprimir

MAÑÁ É O ÚLTIMO DÍA PARA VER A EXPOSICIÓN A OBRA ELIXIDA, A PRIMEIRA DO MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO


14/2/2013 A exposición reúne aos mellores artistas galegos de arte contemporánea

Mañá venres 15 de febreiro é o último día para ver a exposición de arte contemporánea coa que se inaugurou o Museo Interactivo da Historia de Lugo. A obra elixida, reúne a 16 artistas galegos dos últimos 30 anos e no que cada un aportou unha das súas obras máis representativas facendo así unha lectura presente da arte galega en activo, fuxindo de separacións xeracionais e idades.

Nesta exposición temporal participan autores como Jorge Barbi, Manuel Vilariño, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Xoán Anleo, Pamen Pereira, Jesús Otero, Antonio Murado, Salvador Cidrás, Carmen Nogueira, Vicente Branco, Rubén Santiago, Félix Fernández, Amaya González Reyes, Mar Vicente ou Rita Rodriguez. Moitos deles teñen a cidade de Lugo como nexo de unión xa sexa por nacemento ou por formar parte das súas vidas. Con esta proposta pretendeuse dar protagonismo ás obras que teñen algún significado especial para os artistas xa que eran eles os que debía escoller a obra coa que querían ser representados.

A obra elixida estará aberta ata mañá venres 15 de febreiro ás 21.00 horas.

Información sobre a exposición e os artistas.