Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos dous medallistas de ouro nos Xogos Mundiais de Inverno Special Olympics 2013 celebrados en Corea do Sur


# Xoves, 14/02/2013
Os deportistas, Goretti Reigosa e Jose A. Vila ambos de Aspnais, participaron na categoría de esquí alpino

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita dos dous deportistas lucenses que gañaron medallas de ouro nos Xogos Mundiais de Inverno Special Olympics 2013 que tiveron lugar en Corea. Así, Goretti Reigosa e Jose A. Vila, de Aspnais, formaron parte da delegación española que estaba composta por 27 deportistas, 9 adestradores e dous delegados de Special Olympics España.

López Orozco agradeceu a Conchita Teijeiro, Presidenta de Aspnais e presente na recepción, “o traballo que realizan dende a asociación” e que “é todo un honor que a única representación de Galicia sexan da nosa cidade”.

Como sinalou a súa adestradora, Mónica Seijas, que os acompañou a PyeongChang, “preparáronse moi ben e acadamos moi bos resultados ademais de que eramos os únicos representantes de Galicia”. Así, Goretti Reigosa obtivo medalla de ouro na proba de esqui alpino na categoría de Super Xigante e de Xigante e na proba de Slalom obtivo o cuarto posto.

Pola súa parte, José A. Vila, logrou o cuarto posto no Super Xigante e a medalla de ouro en Xigante e no Slalom. Estes son os quintos xogos mundiais de inverno nos que participan membros de Aspnais e é a única organización que representa a Galicia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova