Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adica 1.700.000 euros en programas de orientación laboral a través do Espazo>Lab


# Xoves, 14/02/2013
Esther Muñoz anunciou que se manteñen programas con bos resultados como o Lugo Emprego Activo 2, Lugoqualitas III, ou a oficina de Europe Direct

Imaxe Asociada

Durante o ano 2012, o Espazo<Lab atendeu no servizo de orientación laboral a máis de 2.000 persoas


A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, presentou esta mañá o presuposto e os proxectos que se van desenvolver dende o Espazo>Lab ao longo do ano 2013.

Esther Muñoz salientou que “isto demostra que dende o Concello de Lugo, sen ter competencias na materia e facemos todo o que está nas nosas mans para diminuír a lacra do desemprego”. Neste sentido, explicou que para o ano 2013 se van a seguir desenvolvendo os proxectos que están funcionando con bos resultados e que na maioría dos casos están cofinanciados pola Unión Europea.

Así, seguirase co Lugo Emprego Activo 2, que tiña unha duración de 36 meses e que remata en marzo de 2015, e que está dirixido á formación e mellora da empregabilidade de persoas desempregadas especialmente as que máis dificultades teñen de incorporación ao mercado de traballo. Durante o ano 2012, púxose en marcha a primeira fase do proxecto con 105 persoas beneficiarias finais, e durante o presente ano dará comezo a segunda coa posta en marcha durante o primeiro semestre de sete novos itinerarios coas correspondentes accións formativas e obradoiros, e outros sete durante o segundo semestre. Estes 14 itinerarios que se implementarán durante o ano 2013, estarán dirixidos a 210 persoas.

Para este ano 2013, tamén se solicitou axudas para levar a cabo o proxecto Lugoqualitas 3, á vista dos bos resultados e acollida do proxecto Lugoquálitas 2 e do gran número de persoas que se interesan por este tipo de programas. Desta maneira, o Concello de Lugo, considerou de interese solicitar para a convocatoria do presente ano, o proxecto “Lugoquálitas 3” que como o anterior Lugoquálitas 2 e un proxecto dirixido a 30 mozos/as titulados/as universitarios e formación profesional para a realización de prácticas profesionais en empresas europeas, en concreto en Alemania (Hamburgo), Italia (Florencia) e Reino Unido (Bristol), nos sectores nos que realizaron a súa formación. A novidade é o aumento do número de semanas de estancia que pasa das 12 ás 14 ao considerar as suxestións dos participantes. O presuposto é de 123.030 euros financiados entre o programa Leonardo da Vinci e o Concello de Lugo.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral tamén informou que se seguirá co centro de información europea Europe Direct-Lugo cun presuposto anual de 50.000 euros e que realiza unha importante labor de difusión das políticas e proxectos europeos desenvolvidos en Lugo. Ademais da elaboración ao longo do ano de actividades, obradoiros e xornadas dirixidas ao público en xeral, aos máis novos e sobre todo as persoas desempregadas. En concreto, nos últimos anos vense desenvolvendo as semanas de emprego nas que se se realizan obradoiros de busca activa de emprego que na pasada edición participaron máis de 300 persoas que recibiron formación para a busca de emprego na rede, estratexias para a realización de entrevistas de traballo ou como facer un bo curriculum vitae.

Esther Muñoz tamén explicou que se seguirá coa actividade habitual de atención ás persoas en busca de emprego desenvolvendo un labor de atención, información e orientación. Desta maneira, durante o ano 2012, atendéronse máis de 2.000 persoas que recibiron un tipo de atención directa. Tamén se reciben as ofertas de traballo que presentan as empresas e se facilita a intermediación laboral entre elas e as persoas que figuran nas bases de datos do centro que buscan emprego, así como se facilitan espazos para a realización de entrevistas de selección de persoal ás empresas.

www.lugo.es/europedirect

www.lugo.es/espazolab

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova