Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A obra Juana la Loca, la reina que no quiso reinar abre a XIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo


# Venres, 15/02/2013
A obra da Compañía Histrión terá lugar o domingo ás 20:30 horas

Imaxe Asociada

A decimoterceira Mostra de Teatro Clásico de Lugo comezará este domingo coa obra “Juana la Loca, la reina que no quiso reinar”, que poñerá en escena a compañía Histrión Teatro, baixo a dirección de Juan Dolores Caballero e coa interpretación de Gema Matarranz.

O martes, día 19, Teatro Corsario representará "El médico de su honra", de Calderón de la Barca, un espectáculo dirixido por Jesús Peña e coa interpretación de Verónica Ronda, Carlos Pinedo, Julio Lázaro, Luis Miguel García, Rosa Manzano, Rubén Pérez, Borja Semprún e Teresa Lázaro.

Para o mércores 20 está programada a representación de "Yo soy Don Quijote de la Mancha", a cargo da compañía Metrópolis, baixo a dirección de Luis Bermejo e cun plantel de actores formado por José Sacristán, Fernando Soto, Almudena Ramos e José Luis López.

A obra "Decamerón, historias para tempos críticos de Boccaccio" poñerase en escena o venres día 22. A función correrá a cargo da compañía Abrapalabra, coa dirección e interpretación de Cándido Pazó.

O sábado, 23, Caramuxo Teatro escenificará o "Lazarillo", unha adaptación para o público infantil, a partir dos 5 anos, dirixida por Juan Rodríguez e coa actuación dos actores Xosé Esperante, Juan Rodríguez e Laura Sarasola.

Producciones El Brujo encargarase de poñer en escena “La Odisea”, de Homero, o domingo 24. Rafael Álvarez, El Brujo, dirixe e interpreta esta obra na que estará acompañado polos músicos Daniel Suárez “Sena”, Javier Alejano e Mauricio Loseto.

A Mostra rematará coa posta en escena de "Madame Bovary", de Gustave Flauvert, a cargo de Pentación Espectáculos. Este espectáculo conta coa dirección de Magüi Mira e a interpretación de Ana Torrent, Juan Fernández, Armando del Río e Fernando Ramallo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova