Imprimir

O CONCELLO DE LUGO, A TRAVÉS DA AXENDA 21, ORGANIZA ACTIVIDADES NOS COLEXIOS SOBRE A SOSTIBILIDADE E CONSUMO RESPONSABLE


18/2/2013 A Concellería de Medio Ambiente traballa dende hai anos para concienciar aos máis pequenos da importancia de coñecer os recursos naturais

A Concellería de Medio Ambiente e Axenda 21 pon en marcha, un ano máis, o programa Pola sostibilidade: co cambio climático a voltas orientado a desenvolver no alumnado a capacidade de participación social no ámbito no que viven e a coñecer o medio ambiente.

Este programa está dirixido a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios do Concello de Lugo para que dende pequenos se comprometan co medio ambiente e intentar crear un mundo máis sostible.

Os centros que participan este ano con talleres sobre consumo responsable son o Ceip Manuel Mallo Mallo (Nadela), Ceip Illa Verde, Ceip Virxe da Soidade, Ceip Luis Pimentel, Ceip Quiroga Ballesteros, Ceip Casás, Ceip Rosalía de Castro. Os colexios Ceip Albeiros e Ceip A Ponte traballarán o tema do cambios climático e o o Ceip das Mercedes recibirán información sobre o ciclo da auga. Os talleres comezaron este mes de febreiro e rematarán o 20 de xuño.

Trabállase co obxectivo de desenvolver a capacidade de tomar decisións colectivas para vivir dunha maneira sostible, aprender a xestionar correctamente os recursos naturais da contorna e implicar á comunidade educativa. Para isto, cada un dos centros participantes desenvolven os seus propios plans de xestión partindo da propia realidade do centro e da súa comunidade educativa.

Neste quinto ano, ademais da temática do Cambio Climático, abórdase un tema tan importante como é o do Consumo Responsable a través de diferentes sesións nas que se traballan os diferentes procesos experimentais ao longo da segunda metade do curso escolar.


www.lugo.es/ws/axenda21