Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presidiu unha xuntanza da Comisión de tráfico na que se abordaron melloras para o servizo do taxi


# Luns, 18/02/2013


Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe unha xuntanza que celebrou a Comisión de tráfico para analizar a situación do sector do taxi e as medidas que se poden adoptar para mellorar este servizo.

Na reunión participaron representantes dos tres grupos políticos municipais, técnicos do Concello e representantes das dúas asociacións que representan ó colectivo de taxistas.

A convocatoria da reunión decidiuse na sesión plenaria celebrada o pasado día 4, na que quedou sobre a mesa o debate dunha proposta do BNG, á que lle presentou unha emenda o PP, para a revisión dalgunhas paradas e do tránsito dos taxis por algunhas rúas da cidade.

O Alcalde explicou que “na reunión de hoxe, que durou hora e media, o que fixemos foi escoitar as propostas que fan os taxistas en relación ó cambio de situación dalgunhas paradas e sobre as dificultades de tránsito no centro histórico, que ó seu parecer, prexudican ós clientes deste servizo”.

López Orozco tamén anunciou que, unha vez escoitadas as demandas do sector do taxi, os técnicos do Concello elaborarán un estudo que se vai tratar na próxima reunión da Comisión, a semana que vén, para que os tres grupos políticos cheguen a un acordo, que logo se trasladará ós taxistas para aprobalo despois no Pleno municipal.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova