Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde defende a necesidade de investir en educación para saír fortalecidos da crise


# Martes, 19/02/2013
López Orozco clausurou o acto de presentación do proxecto do IES As Mercedes que gañou un premio de Eficiencia Enerxética

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Tres alumnos deste centro forman unha cooperativa que se vai instalar no CEI

O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe no acto de presentación do proxecto de eficiencia enerxética do IES As Mercedes, co que este centro educativo gañou un importante premio de innovación concedido pola compañía Schneider Electric. No acto tamén participaron o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o Director xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Angel de Miguel, o Director do IES As Mercedes, Juan Antonio López, ademais de José Emilio Serra, que representou á empresa Scheider Electric.

O Alcalde foi o encargado de clausurar o acto no que foi presentado o proxecto co que o IES As Mercedes gañou a primeira Competición de Eficiencia Enerxética de Schneider Electric e destacou na súa intervención a importancia de investir en investigación e a innovación para saír fortalecidos da crise. “É capital o esforzo que se faga polo ensino”, salientou López Orozco, que tamén destacou a importancia do labor que desenvolve o profesorado.

Tamén destacou o Alcalde a necesidade de que haxa colaboración entre o ensino e o mundo da empresa, como sucedeu con este proxecto no que se traballa polo medio ambiente e dixo que “a tecnoloxía sempre ten que estar unida ó desenvolvemento sostible”.

No acto explicouse o proxecto que ten en marcha este centro educativo para racionalizar o consumo de enerxía eléctrica, co conseguinte aforro económico e diminución na contaminación, tarefa na que están comprometidos tanto profesores como alumnos e persoal do centro educativo.

O Director do IES As Mercedes salientou que tres dos alumnos que fixeron o ciclo de eficiencia enerxética van iniciar un proxecto empresarial consistente na creación dunha cooperativa de certificación enerxética de edificios. Esta cooperativa vai ter a súa sede no Viveiro de empresas do Concello, nas instalacións do CEI-Nodus.

Tamén explicou Juan Antonio López que este centro de ensino de Lugo está a participar agora nun proxecto do programa Leonardo da Unión Europea, con outros centros escolares de Cedeira, Soria, Portugal e Italia.

CEI-Nodus cei.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova