Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comezan as actividades de animación á lectura e contacontos na Biblioteca do Concello


# Mércores, 20/02/2013


A Biblioteca Municipal de Lugo pon en marcha mañá a súa programación de animación á lectura e contacontos, segundo informa a Concellería de Cultura.

A primeira destas actividades correrá a cargo de Caxoto que escenificará o “Conto para escoitar mentres bailamos un bals”. Será ás 19.00 horas.

A entrada é gratuíta pero é necesario retirar unha tarxeta de invitación, dadas as limitacións de espazo.

As invitacións xa están a disposición das persoas interesadas que as poden recoller na propia Biblioteca, en horario de tarde, dende as 16.30 horas e distribúense por estrita orde de chegada.

O máximo de tarxetas que se entregarán son dúas por persoa.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova