Cargando....
Concello de Lugo
20/04/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación invisten preto de 180.000 euros para a repavimentación da rúa Perpetuo Socorro


# Mércores, 20/02/2013
As obras levaranse a cabo nun prazo máximo de catro meses nos que se substituirá a rede de sumidoiros, alumeado público e pavimentos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Luis Álvarez tamén informou dunha encomenda de xestión a Evislusa para a redacción dun proxecto de soterramento de liñas eléctricas na Louzaneta

O Concello de Lugo vai levar a cabo as obras de pavimentación e servizos na rúa Perpetuo Socorro, no tramo entre a Avenida da Coruña e a rúa Rio Cabe, por un importe de 179.624 euros. Así, esta mañá na Xunta de Goberno Local, se aprobou o prego de cláusulas e a apertura do procedemento de adxudicación dunha actuación necesaria na zona e cofinanciada pola Deputación Provincial de Lugo dentro do programa de Plan de Obras e Servizos.

As actuacións que se van levar a cabo constitúen a renovación de tubaxe de abastecemento, así como a renovación de canais e tubaxe de saneamento. Tamén se vai levar a cabo unha renovación dos pavimentos, a rede de sumidoiros, e do alumeado público. O prazo de execución é de 4 meses dende a adxudicación do contrato.

Outro dos asuntos aprobados foi na Xunta de Goberno Local foi unha encomenda de xestión á Evislusa para que elaboren un proxecto para o soterramento dunha liña de alta tensión que ten un circuíto aéreo na zona da Louzaneta. O orzamento deste traballo é de 8.954 euros IVE engadido.

Luis Álvarez tamén informou que ser aprobou a licenza de obra para a reconstrución da cuberta e restauración da fachada do edificio 23 da rúa Castelao con un presuposto de 231.995 euros.

Matrona

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, tamén informou que a Xunta de Goberno Local tomou o acordo de “requirir á empresa na que neste momento se atopa depositada a escultura da matrona para que nos diga o día e hora para que o Concello poida retirar a matrona e o seu posterior depósito en instalacións municipais.” Ademais avanzou que se iniciaron conversacións coa Escola Superior de Restauración de Bens de Galicia para que se faga unha valoración sobre o estado da mesma e valorar as tarefas de restauración que precisará.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova