Cargando....
Concello de Lugo
20/04/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A primeira exposición temporal do MIHL remata cun gran éxito de visitantes


# Xoves, 21/02/2013
A Concelleira de Cultura avanzou que no mes de marzo se inaugurará unha nova exposición que “non deixará a ninguén indiferente”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Mónica Alonso, Comisaria da exposición A obra elixida, fixeron un balance da primeira exposición de arte contemporánea e coa que se inauguraba o Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Carmen Basadre destacou “a gran afluencia de visitantes e que podemos considerar que é un éxito de participación xa que case 8.000 persoas se achegaron a coñecer as obras de arte”. Neste sentido tamén explicou que participaron 23 grupos de diferentes institutos, colexios e asociacións e dos que 1.082 persoas participaron nos talleres didácticos. Basadre desglosou o número de visitantes por meses, así nos 2 días de novembro visitaron a exposición 1.449 persoas, no mes de decembro 3.493, en xaneiro 1.974 e nos quince días de febreiro, 1.003 persoas.

“Penso que foi unha exposición que saíu moi ben e que mereceu a pena xa que con ela se abriu un novo espazo cultural na cidade con obras de galegos con fama internacional” matizou Basadre que tamén agradeceu o traballo tanto a comisaria como aos artistas participantes. Neste sentido, tamén avanzou que no mes do marzo se inaugurará unha nova exposición de fotografía sobre cemiterios europeos e que “contará con importantes sorpresas que non deixarán a ningún visitante indiferente”.

Pola súa parte, Mónica Alonso, destacou que “do gran éxito de público e de descubrir o gran interese dos lucenses pola arte contemporánea”. Ademais a exposición foi recoñecida polo sector especializado da arte contemporánea pola posta en valor e difusión da arte galega contemporánea.

Tamén sinalou que o catálogo da exposición está nas bibliotecas máis importantes de España e en varios centros de referencia internacional. Outro dos puntos que destacou foi o gran interese que os visitantes mostraron ante a única obra viva da exposición denominada “Mercado, caos e voracidade” que estaba formada por pirañas que alimentadas por carne de carneiro, simulando ao pobo devorado polo mundo neoliberal.

Máis información sobre a mostra "A obra elixida" no MIHL
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova