Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo conmemora por primeira vez o Ano Novo Romano con actividades en colaboración con asociacións do Arde Lucus


# Venres, 22/02/2013
Senatus Lucus Augusti e Lugo Monumental organizan unha ruta denominada Vía XIX e unha exposición de moda e complementos romanos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Raúl Rocha, da Asociación Senatus Lucus Augusti, e de Luis Latorre Real, representante de Lugo Monumental, presentaron unha nova actividade relacionada co Arde Lucus, a celebración do Ano Novo Romano.

Esta iniciativa terá lugar o primeiro fin de semana de marzo e constará de dúas actividades principais: a creación dunha Vía XIX e unha “Vestimenta”. No primeiro dos casos trátase da organización dunha ruta de viños baixo a denominación de Vía XIX, na que participan 20 locais do casco histórico da cidade que venderán unha ficha denominada “salvoconducto senatorial” e na que os participantes, preferiblemente caracterizados de romanos ou castrexos, poderán ir cumprimentando en cada un dos locais participantes e ao final recibirán un agasallo. As actividades comezarán ás 21:00 horas coa reunión do Senatus Lucus Augusti na Praza do Campo e a posterior inauguración da “Vía XIX” ata as 00:00 momento no que se farán unhas badaladas de ano novo na Praza do Campo. A noite rematará ás 00:15 horas co inicio da Festa de Ano Novo na Sala Castelao.

Como era tradición na Antiga Roma, durante as celebracións do ano novo, os romanos realizaban purificacións e aproveitaban para facer cambios de vestiario e de mobles polo que, para evocar a época vaise a organizar o domingo 3 de marzo unha “Vestimenta” no Círculo das Artes. Trátase dunha exposición de moda e complementos da época imperial de Lucus Augusti para que todos os veciños e veciñas de Lugo poidan comprobar as novidades en materiais para a elaboración do próximo traxe de cara ao Arde Lucus 2013. Nesta primeira edición, que estará aberta entre as 11:00 e as 21:00 horas, contará coa presencia de diversas empresas de Lugo que cubrirán todos os sectores implicados para lograr a completa caracterización dos lucenses como son zapaterías, moda, complementos, xoiería…

Carmen Basadre destacou que “é unha boa iniciativa que se celebra por primeira vez e penso que é un bo comezo para quentar motores de cara o Arde Lucus, ademais de que supón unha promoción para o comercio de Lugo de cara a festa”.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova