Cargando....
Concello de Lugo
20/04/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Club de Loita Lugo participa no Campionato de España absoluto de Loitas Olímpicas


# Venres, 22/02/2013


Mañá sábado 23 de febreiro celébrase na cidade de San Javier (Murcia) o Campionato de España absoluto de Loitas Olímpicas, onde o Club de Loita Lugo, centrará a súa participación na Loita Grecorromana.

Tras estás últimas semanas convulsas polo anuncio do COI, de afastar as loitas olímpicas do programa do 2020, e o aluvión de críticas a nivel internacional por esta proposta da comisión executiva do COI, terán lugar os Campionatos de España Absoluto e Cadete de Loitas Olímpicas. O Club de Loita Lugo aporta a Nicolás López Gredilla, peza clave nos 120 kg en Loita Grecorromana e actual campión de España júnior. Que nesta participación na categoría absoluta tratará de coller experiencia para render o máximo nivel na súa categoría de idade.

A representación lucense nestes campionatos, ven da man do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, que aporta a selección absoluta a Jose Cuba Vázquez, actual referente internacional en Loita Libre Olímpica en 120 kg e a Francisco Monasterio Portela, que fará doblete en Loita Grecorromana con Nicolás López Gredilla en 120 Kg. En 84 kg, o loitador Vilalbés, Jose Luis Puentes, tratará de acadar o podio do ano pasado, sendo un claro candidato a medalla de ouro. En 85 Kg cadete, Ramón Monasterio Portela, que actualmente adestra no CGTD de Pontevedra, parte con moitas opcións de acadar o mellor resultado da súa carreira deportiva.

Os deportistas lucenses, parten como claros favoritos nas súas respectivas categorías de idade e de peso, proba de elo, é que en 120kg de Loita Grecorromana, o seleccionador Galego, convocase os dous compañeiros e deportistas da Provincia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova