Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Educación presentou a 12ª edición do Festival de Teatro Grecolatino que achega preto de 4.000 estudantes á Lugo


# Luns, 25/02/2013
Os obras de teatro representaranse entre os días 4 e 6 de marzo no Auditorio Gustavo Freire

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou a 12º tempada do Teatro Grecolatino que se vai a celebrar en Lugo entre os días 4 e 6 de marzo.

A Mostra de Teatro Grecolatino, organizada pola asociación Prósopon, a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e o Concello de Lugo, ten como obxecto achegar o teatro aos mozos e mozas de Educación Secundaria e Bacharelato, a través do estudio previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións.

Esta é a actividade cultural que máis alumnos move en toda España, xa que a asistencia media é de 60.000 alumnos. No caso de Lugo xa están confirmada a asistencia de preto de 4.000 alumnos pertencentes a máis de medio cento de centros de toda Galicia e das provincias limítrofes como León.

Esther Muñóz salientou “que se trata dunha actividade consolidade que aporta coñecementos aos alumnos pero tamén supón que máis de 4.000 estudantes van estar entre os tres días de representacións coñecendo a nosa cidade.” Ademais salientou que a única cidade de Galicia na que se desenvolve este festival é Lugo, por ser a cidade romana máis importante e por ter a Muralla o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade.

O Programa do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO 2013 que se levará a cabo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, é o seguinte:

Día 4 de marzo, luns

12:00 AGAMENÓN DE ESQUILO, Compañía de Teatro y Danza El Ruiseñor” (A Coruña)
17:00 TESMOFORIAS DE ARISTÓFANES, “Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña)

Día 5 de marzo, martes

12:00 IFIGENIA EN ÁULIDES DE EURÍPIDES, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 CÁSINA DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 6 de marzo, mércores

12:00 AULULARIA DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 ELECTRA DE SÓFOCLES, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova