Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde reuniuse con veciños e empresarios da Ponte e anuncioulles diversas melloras para o barrio


# Luns, 25/02/2013
Na reunión, celebrada esta tarde no Concello, tamén participou o Concelleiro de Infraestruturas

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, mantiveron esta tarde unha xuntanza con representantes dos veciños e empresarios do barrio da Ponte, na que lles anunciaron varios proxectos que impulsará o Concello para acometer melloras na zona.

Unha das medidas que ten en estudo o Concello para o barrio da Ponte é un proxecto para acondicionar con aglomerado en quente o vial que comunica a Ponte nova cos accesos a Monte Segade e a Igrexa de Santiago.

Tamén anunciou o Alcalde que está previsto realizar un anteproxecto para o acondicionamento da rúa Fermín Rivera, que se presentará e negociará coa Deputación provincial, xa que esta institución é a titular da devandita vía.

Ademais, o Concello ten estudo outro proxecto para levar a cabo o adecentamento do aparcamento situado na entrada da Ponte romana, actuación que se desenvolverá cando rematen as obras que están en execución para a rehabilitación da Ponte.

Outra medida que anunciou o Alcalde ós representantes veciñais e empresariais da Ponte é a realización dun estudo sobre o estado das vivendas situadas tanto na Calzada romana como na Estrada vella de Santiago.

Por último, o Concello ten previsto facer un estudo das futuras liñas de autobuses urbanos para mellorar as comunicacións do barrio.

O Concello e os veciños e empresarios da Ponte teñen previsto manter unha nova reunión o día 11 de marzo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova