Imprimir

ESTHER MUÑÓZ ENTREGOU OS DIPLOMAS ÁS 30 PERSOAS QUE PARTICIPARON NO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA PARA DESEMPREGADOS


27/2/2013 Desta maneira, o Concello, potencia mediante formación todos aqueles nichos de emprego que precisan coñecementos previos

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, entregou os diplomas acreditativos do curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes, que se desenvolveu ao amparo do programa AFDs. No acto, no que tamén participou a Xefa Territorial de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Marta Barreiro, estiveron presentes as 30 persoas que accederan a este curso e que o desenvolveron entre xullo e decembro de 2012.

Esther Muñóz felicitou a todos polo bo traballo durante o curso e incidiu na importancia deste curso que contou con 615 horas formativas das que 120 foron prácticas en empresas e co que obteñen un certificado de profesionalidade “o que supón unha ferramenta útil á hora da busca de emprego”. Outro dos aspectos que destacou foi que “o sector sociosanitario aínda segue sendo un nicho de emprego emerxente na nosa comunidade”.

Os cursos AFDs (accións dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas en Galicia) está financiado polo Fondo Social Europeo a través de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia, correspondentes a la edición de 2012. Nel desenvólvense talleres de formación en diferentes sectores demandados polo mercado laboral, orientación e intermediación laboral e acompañamento por parte dos técnicos do Espazo>Lab. Con estes cursos favorécese ás persoas que teñen máis dificultades para acceder ó mercado laboral co obxectivo de dar formación e axudar a buscar traballo a veciños de Lugo.